Intérprete (informática): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Outroshomónimos|Intérprete}} |
|||
{{outroshomónimos|interpretación}} |
|||
{{Outroshomónimos|Interpretación}} |
|||
En [[informática]], un '''intérprete''' refírese a un [[programa informático]] que executa instrucións escritas nunha [[linguaxe de programación]]. Namentres que '''intérprete''' e [[compilador]] poden parecer termos excluíntes, isto non é de todo certo, xa que moitos intérpretes levan a cabo certo traballo de tradución, coma os compiladores. Un '''intérprete''' será, desta forma, un [[programa informático|programa]] que: |

# executa [[código fonte]] directamente |
# executa [[código fonte]] directamente |
Revisión como estaba o 23 de decembro de 2013 ás 17:41
En informática, un intérprete refírese a un programa informático que executa instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Namentres que intérprete e compilador poden parecer termos excluíntes, isto non é de todo certo, xa que moitos intérpretes levan a cabo certo traballo de tradución, coma os compiladores. Un intérprete será, desta forma, un programa que:
- executa código fonte directamente
- traduce código fonte a algunha forma eficiente de código intermedio (ex: bytecode) e execútao de seguido.
- executa código precompilado polo propio sistema intérprete.
Perl, Python e Ruby son exemplos do segundo tipo, namentres que Java o é do terceiro: os programas compílanse coma bytecode e son enlazados en tempo de execución e executados por un intérprete (ou compilados a código máquina e logo executados no caso do JIT). Algunhas linguaxes, coma o Lisp e outros, poden combinar o segundo e o terceiro tipo.
Os termos linguaxe interpretada ou linguaxe compilada significan nada máis que a implementación canónica desa linguaxe é un intérprete ou un compilador; idealmente, unha linguaxe de alto nivel é unha abstracción independente de calquera das súas implementacións.