Switch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Milia (conversa | contribucións)
Nova páxina: Dende fai tempo, a necesidade de interconectar ordenadores é primordial. Comezouse co uso dos [hub] ou concentradores, que o único que facían era xuntar fisicamente tóda-las liña...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2007 ás 09:43

Dende fai tempo, a necesidade de interconectar ordenadores é primordial. Comezouse co uso dos [hub] ou concentradores, que o único que facían era xuntar fisicamente tóda-las liñas que lle chegaban, coa única particularidade que amplificábaas. É dicir, se tiña doce entradas e chegáballe un dato por unha delas, este debolvía ese dato, amplificado, polas outras once.

Máis adiante, este obsoleto dispositivo evolucionou, e chamouse switch ou conmutador. Trátase dunha matriz intelixente, que leendo a MAC (dirección física da tarxeta de rede do equipo), saberá porque saída mandalo dato (amplificado tamén).

Esta distinción evita a saturación doutras liñas e equipos, xa que a chegada dun dato non desexado a un equipo, fai que este teña que collelo, lee-la MAC (na tarxeta de rede) e rexeitalo. Ademáis, ó estar ocupada a liña, pode haber colisións.


FUNCIONAMENTO

Primeiro

Supoñamos que encendemos toda unha sala de ordenadores e co switch. Cando os equipos comecen a enviar datos, o switch non saberá cal é a dirección MAC de cada porto (recordar que cada equipo conéctase a un porto de conmutador switch). Polo tanto, non lle queda outro remedio, mais que funcionar como un hub ordinario, repetindo o dato por tóda-las súas saídas.


Segundo

Ó entrar un dato por un porto, o switch leerá a MAC de orixe e anotará na súa taboa a correspondencia entre ese porto e a MAC leída. Como xa dixemos, o switch difunde o dato como un hub. A información chegara a tódolos equipos conectados. Ós que non lles interese (non son os destinatarios) rexeitaranno, mentres que os outros elaboran unha resposta.


Terceiro

O switch recibe agora, por un (ou máis) dos seus portos unha resposta. Agora xa poderá introducir na súa táboa a relacción entre eses portos e as MAC de orixe.