Species Plantarum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: be:Species plantarum
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q849308
Liña 33: Liña 33:
[[Categoría:Botánica]]
[[Categoría:Botánica]]
[[Categoría:Carl von Linné]]
[[Categoría:Carl von Linné]]

[[be:Species plantarum]]
[[bn:স্পীশীজ প্লান্টারাম]]
[[ca:Species Plantarum]]
[[csb:Species Plantarum]]
[[da:Species Plantarum]]
[[de:Species Plantarum]]
[[en:Species Plantarum]]
[[es:Species Plantarum]]
[[fi:Species Plantarum]]
[[fr:Species plantarum]]
[[it:Species Plantarum]]
[[la:Species plantarum]]
[[nl:Species plantarum]]
[[nn:Species plantarum]]
[[no:Species plantarum]]
[[pl:Species Plantarum]]
[[pnb:سپیشیز پلانٹارم]]
[[pt:Species Plantarum]]
[[ru:Species plantarum]]
[[sl:Species Plantarum]]
[[sv:Species plantarum]]
[[uk:Species plantarum]]
[[vi:Species Plantarum]]
[[zh:植物种志]]

Revisión como estaba o 18 de marzo de 2013 ás 15:36

Páxina capa co título do libro.

Species Plantarum, (abreviado Sp. Pl.), é unha obra botánica que foi publicada en 1753, coma un traballo en dous volumes por Carl von Linné. A súa principal importancia radica en que é o punto de partida da nomenclatura botánica que se usa hoxe en día. Isto quere dicir que non se aceptan como "validamente publicados" os nombs de táxones anteriores á data de publicación deste libro, e os primeiros táxones "validamente publicados" son os que aparecen neste libro.

A segui as súas características:

  • Contiña todas as plantas coñecidas daquela.
  • Permitía a doada identificación de plantas, mediante un sistema de clasificación que as agrupaba en especies, xéneros, ordes e clases. Mediante o conteo de pistilos e estames, calquera persoa, aínda sen moitos coñecementos sobre plantas, era quen de chegar a nivel do xénero ao que a planta pertencía.

O volume nº 1 da primeira edición abrangue 11 páxinas sen numerar nas páxinas de introdución e do 1 al 560, mentres que o volume 2 refírese ás páxinas 561 a 1.200, miás 31 páxinas sen numerar de índice, adicións e erros.

Logo da súa primeira edición, esta obra tivo varias edicións, continuando despois de que o seu autor finase. Species Plantarum tamén marca o punto de partida dun grande auxe na popularidade da ciencia, e se podería dicir que é unha das publicacións máis importantes da bioloxía.

Linné publicou a segunda e maila terceira edición desta obra. A segunda, en dous volumes, foi publicada en 1762-1763, coas págxnas de correccións e material complementario. A terceira edición foi en realidade moi semellante á segunda, mais coas correccións e material complementario integrado no texto, e se publicou en 1764.

Logo da morte de Linné, Carl Ludwig Willdenow levou a cabo unha nova edición, moi ampliada do traballo. Esta edición titulouse Editio Quarto , ou "Cuarta Edición", e foi publicada en seis volumes, en trece partes, desde 1797 até 1830, e foi terminada despois da morte de Willdenow. A sexta edición foi publicada baixo Heinrich Friedrich Link e Albert Gottfried Dietrich en dous volumes en 1831-1833.

Véxase tamén

Ligazóns externas