Ferdinand de Saussure: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: hr:Ferdinand de Saussure
Liña 45: Liña 45:
[[ga:Ferdinand de Saussure]]
[[ga:Ferdinand de Saussure]]
[[he:פרדינן דה סוסיר]]
[[he:פרדינן דה סוסיר]]
[[hr:Ferdinand de Saussure]]
[[io:Ferdinand de Saussure]]
[[io:Ferdinand de Saussure]]
[[it:Ferdinand de Saussure]]
[[it:Ferdinand de Saussure]]

Revisión como estaba o 21 de decembro de 2006 ás 06:57


Ferdinand de Saussure

Ferdinand de Saussure, lingüista suízo nado en Xenebra o 26 de novembro de 1857, morto no castelo de Vufflens sur Morges o 22 de febreiro de 1913.

IÉ considerado como o fundador da lingüística moderna. No seu Cours de linguistique générale (1916) (Curso de lingüística xeral), publicado tras a súa morte polos seus alumnos, define certos conceptos fundamentais (distinción entre linguaxe, lingua e fala, entre sincronía e diacronía, carácter arbitrario do signo lingüístico, etc.) que han inspirar non so a lingüística ulterior senón tamén outros sectores das ciencias humanas.

Ideas

  • Saussure distingue a linguaxe (facultade de utilizar unha lingua), a lingua (conxunto de signos utilizados por unha comunidade. Ex.: o galego, o francés, o inglés) e a fala (enunciados dun interlocutor nunha lingua dada).
  • Teoría do signo como asociación pola mente dun significante (imaxe mental, visual ou acústica dunha palabra) e dun significado (concepto, é dicir representación mental dunha cousa). (Ver signo lingüístico.)
  • A linguaxe recorta simultaneamente un significante na masa informe dos sons e un concepto na masa informe das percepcións.
  • A linguaxe ten unha dimensión sincrónica (relacións entre os signos nun momento dado) e unha dimensión diacrónica (evolución dos signos no curso do tempo).
  • Todo signo é definido por relación cos outros, por pura diferencia (negativamente) e non polas súas características propias ("positivas"): é o carácter estrutural da lingïística saussuriana. Esta idea está na orixe do estruturalismo e da filosofía de Derrida.
  • A relación entre o significante e o significado é arbitraria; iso é o que distigue o signo do símbolo (a balanza que simboliza a xustiza esta ligada conceptualmente a ela, contrariamente á palabra «gato» ligada a un animal felino que miaña).

Ligazóns externas