Nucleoide: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: sl:Prokariontsko jedro |
m r2.7.3) (Bot: Engado: nl:Nucleoïde |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
[[ko:핵양체]] |
[[ko:핵양체]] |
||
[[lt:Nukleoidas]] |
[[lt:Nukleoidas]] |
||
[[nl:Nucleoïde]] |
|||
[[pl:Nukleoid]] |
[[pl:Nukleoid]] |
||
[[pt:Nucleoide]] |
[[pt:Nucleoide]] |
Revisión como estaba o 1 de novembro de 2012 ás 21:01
O nucleoide (que significa similar ao núcleo) é a rexión máis ou menos central e de forma irregular que contén o ADN no citoplasma das células procariotas[1].
Nas células procariotas o ADN é unha molécula única, xeralmente circular e bicatenaria e superenrolada,[2], duns poucos millóns de pares de bases. Está situada nun sector da célula que se coñece co nome de nucleoide, e que non está rodeado por unha membrana nuclear. Dentro do nucleoide poden existir varias copias da molécula de ADN.
Este sistema para gardar a información xenética é moi diferente do sistema existente en células eucariotas, onde o ADN se garda dentro dun orgánulo con membrana propia, o núcleo celular. Non obstante, hai unha excepción dentro das bacterias, xa que a especie Gemmata obscuriglobus[3] , do grupo dos Planctomycetes, ten unha membrana lipídica que rodea o seu ADN, aínda que é moi distinta da envoltura nuclear eucariótica, e estas bacterias son no demais células claramente procariotas.
Visualización
O nucleoide pode verse claramente utilizando técnicas de microscopía electrónica con moitos aumentos. Aínda que a aparencia pode cambiar, resulta claramente visible contra o citosol. Ás veces mesmo son visibles filamentos que poderían ser de ADN. Utilizando o colorante Feulgen, que tingue especificamente o ADN, pódese observar o nucleoide co microscopio óptico. Tamén se usa moito para velo a microscopía de fluorescencia.
Composición
A evidencia experimental indica que o nucleoide está composto fundamentalmente por ADN (60%), con pequenas proporcións de ARN e proteínas. Estes dous últimos compoñentes actúan como ARN mensaxeiro e como proteínas reguladoras do xenoma.
Véxase tamén
Notas e referencias
- ↑ Thanbichler M, Wang S, Shapiro L (2005). "The bacterial nucleoid: a highly organized and dynamic structure". J Cell Biochem 96 (3): 506–21. PMID 15988757. doi:10.1002/jcb.20519.
- ↑ Benham C, Mielke S (2005). "DNA mechanics". Annu Rev Biomed Eng 7 (1): 21–53. PMID 16004565. doi:10.1146/annurev.bioeng.6.062403.132016.
- ↑ Madigan M, Martinko J, Parker J (2004). Brock Biología de los Microorganismos. p. 426.
- Prescott, L. (1993). Microbiology, Wm. C. Brown Publishers, ISBN 0-697-01372-3