Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
*[http://www.fapmi.es]
*[http://www.fapmi.es]


[[Categoría:Asociacións]]
{{Sencat}}

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2012 ás 09:16

FAPMI é unha Federación de asociacións para a prevención do maltrato infantil. Esta federación é unha entidade sen ánimo de lucro na que se integran persoas e asociacións sensibilizadas coa defensa dos dereitos dos menores e tratan de promocionar un bo trato de nenos, nenas e adolescentes.

As súas actividades céntranse nas seguintes áreas:

  • Protección á infancia.
  • Prevención do maltrato a nenos, nenas e adolescentes.
  • Fomento do bo trato na infancia.
  • Promoción dos dereitos do neno.

Traballan múltiples valores entre os que podemos destacar os orientados cara as persoas (Respecto pola dignidade humana e a defensa dos seus dereitos; A solidariedade entre quenes compoñen a nosa organización) orientados cara a organización ( A xestión da organización a medida das necesidades e as expectativas dos seus destinatarios; participación de tódalas persoas xa sexan voluntarios, profesionais ou usuarios como valor primordial para conseguir unha maior motivación e eficiencia nos servizos), valores orientados á sociedade ( A transparencia na xestión dos recursos e a demostración na súa eficiencia; A responsabilidade social e o compromiso permanente cara esa responsabilidade)

As liñas de axuda que ofrece esta federación son as seguintes:

  • Teléfono europeo de axuda á infancia: 116111.
  • Teléfono europeo de alerta de nenos desaparecidos: 116000

Véxase tamén

Ligazóns externas