Arco (arma): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Engado: th:ธนูและลูกธนู |
||
Liña 68: | Liña 68: | ||
[[sv:Pilbåge]] |
[[sv:Pilbåge]] |
||
[[ta:வில்]] |
[[ta:வில்]] |
||
[[th:ธนูและลูกธนู]] |
|||
[[tr:Yay (silah)]] |
[[tr:Yay (silah)]] |
||
[[uk:Лук]] |
[[uk:Лук]] |
Revisión como estaba o 26 de setembro de 2012 ás 10:51
O arco é unha arma impulsora que se usa para disparar setas sobre calquera albo distante. O arco pode estar formado por unha única peza de madeira, que pode ser tan alta como a estatura do tirador, como o longbow (arco longo), ou varias pezas curvadas que aumentan a potencia do arco, coma o arco composto moderno, ou arcos tradicionais de óso ou madeira, como o turco e o xaponés.
O arco funciona alongando unha corda nos membros, que pode ser de fibra vexetal ou animal nos arcos tradicionais, ou sintéticas no moderno. A potencia do tiro dun arco pode ser regulada dentro de certos limites, axustando a tensión da corda. O tiro con arco é un deporte olímpico, malia se practicaren tamén modalidades deportivas non olímpicas que utilizan réplicas dos arcos tradicionais. Os arcos poden ter um alcance mortal de 40 a 100 metros. No caso do arco longo, até 400 metros de alcance. Unha variante do arco é a bésta, que foi moi usada por mercenarios xenoveses na idade media e parte da idade moderna.