Discurso (narratoloxía): Diferenzas entre revisións
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:) |
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|) |

Liña 6: | Liña 6: | ||

[[Ficheiro:Narracion.Relato-Historia.jpg| |
[[Ficheiro:Narracion.Relato-Historia.jpg|centro|600px]] |

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 15:16
Para comprendermos os termos historia ou diéxese e relato ou discurso debemos opolos entre si procedendo en primeiro lugar á súa definición por separado
A historia é unha serie de acontecementos ordenados nunha secuencia cronolóxica, protagonizada por personaxes encadrados nun marco espacial. Representa o plano do contido.
O discurso (ou relato) é o proceso de contar unha historia elixindo o punto de vista, a ordenación temporal dos acontecementos e a duración dos mesmos. Unha historia pode dar pé a múltiplos discursos narrativos. Representa o plano da forma.
En épocas de crise, a historia (o contido) é a máis suxeita a variacións, novos cambios sociais priman obras cargadas de argumento, mentres que en períodos de estabilidade se traballa con experimentacións (discurso, estrutura).
Obsérvese que a historia presupón o plano do contido mentres que o discurso implica o plano da forma.