Actina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Aktina
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:اکتین
Liña 29: Liña 29:
[[et:Aktiin]]
[[et:Aktiin]]
[[eu:Aktina]]
[[eu:Aktina]]
[[fa:اکتین]]
[[fi:Aktiini]]
[[fi:Aktiini]]
[[fr:Actine]]
[[fr:Actine]]

Revisión como estaba o 27 de abril de 2012 ás 06:33

Actina G (código PDB: 1j6z). Represéntanse no centro activo ADP e o catión divalente.
Actina F; representación da superficie dunha repetición de 13 subunidades baseada no modelo de Ken Homes do filamento de actina.

A actina é unha proteína globular que forma os microfilamentos, un dos tres compoñentes fundamentais do citoesqueleto das células eucariotas. Exprésase en todas as células do corpo e especialmente nas musculares, xa que está implicada na contracción muscular, por interacción coa miosina.

Características

Pódese atopar en forma libre ou polimerizarse en microfilamentos, que son esenciais para funcións celulares como a mobilidade e a contracción da célula durante a división celular.

Usa ATP como fonte de enerxía. No caso da contracción muscular, o ATP permite á cabeza da miosina estenderse e unirse ó filamento de actina. Entón a miosina libérase tras mover o filamento de actina nun movemento de relaxación ou contracción mediante o uso de ADP.

A actina non muscular atópase en practicamente todas as células nun organismo eucarionte. É importante para a forma da célula, a mobilidade e o transporte intracelular. Para levar a cabo funcións tan diversas, a actina únese con centos de proteínas diferentes, como a miosina ou a vilina, que pode entrelazar a actina en feixes ou ben cortar os filamentos de actina, dependendo da concentración de calcio no seu medio.

Ademais, a actina é unha das proteínas máis conservadas na evolución, o que proba a súa importancia para a célula, diferindo non máis dun 5% entre especies tan diversas como as algas e os humanos.

A actina é o maior constituínte dos microfilamentos. En solucións de baixa forza iónica, a actina é un monómero chamado actina G, debido á súa forma globular. A pH fisiolóxico a actina G polimerízase e toma a forma fibrosa F que se asemella aos filamentos delgados. A actina F é unha hélice de dobre filamento de monómeros de actina de 90 Å de diámetro. A estrutura repítese a intervalos de 360 Å ao longo do eixo da hélice.

Modelo:Link FA