Clorofluorocarbonos: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 11: | Liña 11: | ||
==Repercusión sobre a capa de ozono== |
==Repercusión sobre a capa de ozono== |
||
O mecanismo a través do cal atacan |
O mecanismo a través do cal atacan á [[ozonosfera|capa de ozono]] é unha reacción fotoquímica: ó incidir a radiación UV sobre a molécula de CFC, libérase un átomo de cloro cun electrón libre (denominado radical cloro), moi reactivo e con grande afinidade polas moléculas de ozono, ás cales rompe. Estímase que un só átomo de cloro é capaz de destruír ata 100000 moléculas de ozono. Este proceso de destrución do ozono pode durar cen anos. |
||
O descubridor desta ameaza foi o científico mexicano Mario J. Molina (1943) |
O descubridor desta ameaza foi o científico mexicano Mario J. Molina (1943), quen o 11 de outubro de 1995 recibiu o [[Premio Nobel de Química]], en recoñecemento das súas investigacións neste campo . |
||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
Revisión como estaba o 7 de decembro de 2011 ás 15:25
Coñécense como clorofluorocarbonos (CFCs) a todo un grupo de compostos orgánicos sintéticos derivados do metano ou do etano, nos que os átomos de hidróxeno foron substituídos, parcial ou totalmente, por átomos de flúor, cloro e/ou bromo.Este grupo inclúe os seguintes : CFC-11, CFC-12, CFC-113, CFC-114, CFC-115 e moitas formas de freón. Son incoloros , inodoros , inocuos e estables cando se emiten.Poden durar máis de cen anos na estratosfera.
Estes son compostos de orixe artificial, que se emiten á atmosfera principalmente a través de fugas nos procesos de fabricación, así como dos elementos dos que forman parte por dexeneración dos materiais que conforman.
Son unhas substancias moi estables (alta estabilidade físico-química e nula toxicidade), o que estendeu a súa aplicación como refrixerantes,illantes, propelentes, emulsionantes e limpadores.Foron introducidos a principios dos trinta por enxeñeiros do General Motors, para substituír a materiais perigosos como o dióxido de sulfuro e o amoníaco.Prohibiuse a súa produción o 31 de decembro de 1995 en Estados Unidos debido a que destrúen a capa de ozono. Agora só poden empregarse, de forma limitada , os CFCs reciclados e almacenados.
Tamén son un gas con efecto invernadoiro porque absorben a calor da atmosfera, envían parte da calor absorbida de regreso á superficie do planeta e contribúen ó seu quentamento.
A exposición directa a algúns tipos de CFC pode causar perda de coñecemento, dificultade respiratoria e irregularidade dos latidos do corazón. Tamén pode causar confusión, mareo, tose, dor de garganta, dificultade respiratoria e dor nos ollos. En contacto coa pel, algúns poden causar queimaduras por frío ou sequidade da pel.
Repercusión sobre a capa de ozono
O mecanismo a través do cal atacan á capa de ozono é unha reacción fotoquímica: ó incidir a radiación UV sobre a molécula de CFC, libérase un átomo de cloro cun electrón libre (denominado radical cloro), moi reactivo e con grande afinidade polas moléculas de ozono, ás cales rompe. Estímase que un só átomo de cloro é capaz de destruír ata 100000 moléculas de ozono. Este proceso de destrución do ozono pode durar cen anos.
O descubridor desta ameaza foi o científico mexicano Mario J. Molina (1943), quen o 11 de outubro de 1995 recibiu o Premio Nobel de Química, en recoñecemento das súas investigacións neste campo .