Configuración electrónica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: jv:Konfigurasi èlèktron; cambios estética
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: he:מבנה אלקטרוני
Liña 27: Liña 27:
[[fi:Elektronikonfiguraatio]]
[[fi:Elektronikonfiguraatio]]
[[fr:Configuration électronique]]
[[fr:Configuration électronique]]
[[he:מבנה אלקטרוני]]
[[hi:इलेक्ट्रॉन विन्यास]]
[[hi:इलेक्ट्रॉन विन्यास]]
[[hr:Elektronski omotač atoma]]
[[hr:Elektronski omotač atoma]]

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2011 ás 18:42

En química, a configuración electrónica é o modo no cal os electróns están ordenados nun átomo. Como os electróns son fermións están suxeitos ao principio de exclusión de Pauli, que di que dous fermións non poden estar no mesmo estado cuántico á vez. Polo tanto, no momento en que un estado é ocupado por un electrón, o seguinte electrón debe ocupar un estado mecanocuántico diferente. No átomo, os estados estacionarios da función de onda dun electrón (os estados que son función propia da ecuación de Schrödinger H? = E? onde H é o hamiltoniano) denomínanse orbitais, por analogía coa clásica imaxe dos electróns orbitando ao redor do núcleo. Estes estados teñen catro números cuánticos: n, l, m e s, e, en resumo, o principio de exclusión de Pauli quere dicir que non pode haber dous electróns nun mesmo átomo cos catro valores dos números cuánticos iguais. Os máis importantes destes son o n e o l.

Valores dos números cuánticos

O primeiro número cuántico n (chamado ás veces pico principal) corresponde aos diferentes niveis de enerxía permitidos ou niveis cuánticos; os valores que toma son 1, 2, 3, 4,... Para n=1 tense o nivel de menor enerxía. Nalgúns casos (por exemplo en espectroscopia de raios X) tamén se denotan como K, L, M, N,... O segundo número cuántico l corresponde ao momento angular do estado. Estes estados teñen a forma de armónicos esféricos, e polo tanto descríbense usando polinomios de Legendre. A estes subniveis, por razóns históricas, asígnaselles unha letra, e fan referencia ao tipo de orbital (s, p, d, f).