Xoán de Deus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m iw
Elvire (conversa | contribucións)
m {{Commonscat|John of God}}
Liña 10: Liña 10:
==Significación==
==Significación==
Foi beatificado en [[1630]] e canonizado en [[1691]]. Está considerado pola [[Igrexa Católica]] patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.
Foi beatificado en [[1630]] e canonizado en [[1691]]. Está considerado pola [[Igrexa Católica]] patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.
{{Commonscat|John of God}}

[[categoría: Santos]]
[[categoría: Santos]]



Revisión como estaba o 20 de outubro de 2011 ás 00:02

Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.

Traxectoria

Foi pastor, soldado nos exércitos de Carlos V e vendedor ambulante de libros. A predicación de Xoán de Ávila provocou nel unha súpeta conversión, entregou todos os seus bens aos pobres e, como penitencia, fíxose o tolo ata o punto de que foi internado nun manicomio onde foi torturado e vexado. Alí instaba aos coidadores a que tiveran maior suavidade cos enfermos mentais.

Xoán de Ávila conminoulle a que deixara esa penitencia. Unha vez liberado, adicou a súa vida ao coidado de enfermos, nenos da rúa, anciáns abandonados e prostitutas, aínda que a súa dedicación especial foi aos enfermos mentais, aplicando métodos de trato humano e comprensión que tiveron moito éxito.

Enfermo de artrite, a súa doenza agravouse debido a que, nunha ocasión, botouse ás augas xeadas do río para salvar a vida dun colaborador. Enfermo e impedido, morreu aos 55 anos de idade.

Significación

Foi beatificado en 1630 e canonizado en 1691. Está considerado pola Igrexa Católica patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.