Pseudópodo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: ru:Псевдоподия (deleted)
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Pseudopodo
Liña 39: Liña 39:
[[eo:Ŝajnpiedo]]
[[eo:Ŝajnpiedo]]
[[es:Seudópodo]]
[[es:Seudópodo]]
[[eu:Pseudopodo]]
[[fi:Valejalka]]
[[fi:Valejalka]]
[[fr:Pseudopode]]
[[fr:Pseudopode]]

Revisión como estaba o 9 de outubro de 2011 ás 15:06

Un pseudópodo (do grego pseudos falso e de podo pé) é unha prolongación do citoplasma dalgúns organismos unicelulares como as amebas, na cal unha serie de proteínas van fluír nun sentido mediante as fibras de miosina. Isto servirá ó organismo para se desprazar ou se alimentar.

Funcións

  • Locomoción. Os pseudópodos constitúen un dos tres modos da locomoción dos organismos unicelulares (xunto con flaxelos e cilios).
  • Alimentación. Os pseudópodos rodean o alimento ata encerralo nunha vacuola (fagocitose). A fagocitose preséntase en diversos grupos do protistas, pero tamén nalgunhas células (fagocitos) de organismos pluricelulares.

Clasificación segundo a súa morfoloxía

Os pseudópodos poden ser de varios tipos segundo o seu aspecto:

  • Lobopodios: grosos, curtos e con extremos arredondados, típicos de Amoebozoa.
  • Filopodios: máis finos e cos extremos rematados en punta, consistindo principalmente en ectoplasma. Estas formacións apóianse en microfilamentos.
  • Reticulopodios: tamén coñecidos como pseudópodos reticulados, é onde os finos pseudópodos individuais se amorean entre si e forman unha rede irregular no exterior do protozoo. Preséntanse nos foraminíferos.
  • Axopodios: són pseudópodos finos, longos e ríxidos. Conteñen complexos grupos de microtúbulos envolvidos por citoplasma. Obsérvanse en radiolarios e en heliozoos.

Véxase tamén

Outros artigos