Conversa:Pratos combinados: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Programación TVG: Tamén a emiten na TVG América
Liña 65: Liña 65:
== Programación TVG ==
== Programación TVG ==


Actualmente (29-3-2011) podemos ver a nosa serie preferida no canle :
Actualmente (29-3-2011) podemos ver a nosa serie preferida na canle :


Tvg - Martes 22:25
Tvg - Martes 22:25

TVG América (Hispasat 30ºW)
Martes 03:15 ~ 03:45
Domingo 22:15


Os días de emisión dos capítulos poderedes atopar información sobre os mesmos no teletexto, e tamén na páxina da Tvg na internet.
Os días de emisión dos capítulos poderedes atopar información sobre os mesmos no teletexto, e tamén na páxina da Tvg na internet.

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2011 ás 23:54

A verdade é que a min zafarse sempre o vexo raro. Eu sempre escoitei e escoito safou, safache, sáfame o coche?... o que evidencia que desde logo na creación do interdental tivo que ver o castellano, cousa que ningún lingüista contradice. Claro a min chócame porque non o vexo recollido nos dicionarios, pero que lle imos facer. Isto máis ben é un comentario para a RAG, mais que para o artigo. Bon traballo, Lmbuga.--Xoán Carlos Fraga 00:32, 11 setembro 2006 (UTC)

Pratos Combinados foi a mellor serie que vin na miña vida, teño 15 anos e esa serie enganchoume o longo dos anos, cada vez que os mercores saia na tvg a serie eu gravaba e o dia seguinte viaa e rebobinaba e vovbia ver e asi asta que chegaba o mercores seguinte. Considerome un adicto a pratos combinados aora que o sacaron non sei que podo facer! se puxesen outra vez esa serie ...iban seguir tendo tanta audiencia como tiberon ata agora iso seguro!!! 1 saudo a todos

Duración

Non serán de 25' os capítulos, en vez de 55'? Eu fai xa moito que non a miro, igual me equivoco. Miguel.lima 00:00, 6 xaneiro 2007 (UTC)

Na reseña que teñen na TVG di: "Esta comedia, que inicialmente constaba de trece capítulos de 25 minutos, retrata a vida cotiá da familia Pereira", semella que noutras tempadas a duración cambiou . No soportal do audiovisual galego do Consello da Cultura Galega pon como duración 55 minutos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:46, 8 xaneiro 2007 (UTC)

Adiantos de contido

Aínda que nesta serie a continuidade non é moi relevante, non estaba de máis engadir un aviso dos adiantos na trama (coñecidos popularmente no mundo da Internet co anglicismo "Spoiler", que debemos evitar na Galipedia, así como nos demáis usos). --Uxío 19:40, 8 outubro 2007 (UTC)

"Microbio", Campos e cía.

Alguén sabe como se chamaba o personaxe ao que Miro se refería como "microbio" ou, ás veces (creo), "piollo". E o nome da actroz que a intepretaba? Era unha nena pequena, aparecía nas primeiras temporadas da serie, cando estaban Migueliño e Rosalía, e non estaban Pedro, Tuto... Adoitaba ir acompañada por unha muller, da que tampouco me lembro, era súa nai ou súa tía, non o recordo. Nun episodio apareceu o pai, que tampouco sei quen era, pero creo que non era un actor coñecido. O último episodio do que teño referencia pódoo situar entre xuño de 1996 e 1998 ou 1999, cando a nena celebraba a súa primeira comuñón no bar Suízo. Tampocuco lebro o nome do actor (aínda que si lembro a cara) que interptretaba a Campos, o quiosqueiro desas primeiras temporadas da serie, que foi substituído por Tuto (Josito Porto), a quen lle deron moito máis protaconismo cá Campos. Se alguén ten gravacións da época, eu podería ampliar datos.

Outro personaxe, menos habitual e que "Microbio" e Campos, era a primeira Paula que aparecía nalgúns episodios da serie. Non me refiro a Paula Barreiro (interpretada por Cristina Castaño etre o 2000 e o 2002, e por María Castro despois ata o final da serie), senón a unha rapaza baixiña, de pelo escuro e máis ben curto, lentes... Era amiga de Miguel e Pepiño (pode ser que se referisen á rapaza como Pauliña?, estaría ben para diferenciala de Paula Barreiro). Se mal non recordo, era ela a que nun episodio lle intentaba vender unhas rifas a uns clientes do bar suízo, que resultaban ser Ernesto e Eustaquio, uns antigos compañeiros de Miro cando estaba a facer a catequese, bastante caraduras eses dous personaxes, por certo. PD: Alguén le isto? --Uxío 19:27, 10 outubro 2007 (UTC)

  • Si, alguén o le ;) Pero non che sei dicir. Eu vía Pratos Combinados nas suás primeiras temporadas (eu aínda era moi novo), mais recordo á microbio. Creo recordar que sempre andaba a larpeirar nos cheetos do Bar Suízo, pero os nomes síntoo, non sei ningún. AlberteSi, digame? 20:09, 10 outubro 2007 (UTC)


O actor que inyterpretaba a Campos chamábase.... Campos.

  • Unha idea tiña sobre o do Campos, pero non o podía confirmar... Creo que o nome de pía do intérprete é Luis. Grazas, Roberto!

Os personaxes que Miro chamaba "Microbio" foron dous: a Antón Santos (interpretado por Morris) e a sobriña de Nicanor (interpretado pola nena Mariña). (Roberto)

  • Sobre o de "microbio" síntoo, pero non falo da peruena Raqueliña, senón dun personaxe moito anterior, dos primeiros 104 episodios. Haberá que seguir investigando... Un saúdo!

--Uxío 00:44, 3 de outubro de 2010 (UTC)

A amiga estranxeira de Migueliño

Grazas pola resposta, Alberte. Lembro outro personaxe que creo que apereceu durante varios episodios. Cando Migueliño volveu da súa viaxe a... os EUA? Inglaterra? para aprender inglés, vovleu acompañado dunha rapaza de alí, da que andaba meidio namorado. Era máis vella cá el, guapa e tiña o pelo curto e, se mal non recordo, tinguido de vermello ou laranxa...

Saúdos.

PD: O que comía a "microbio" eran patacas fritas ;).

--Uxío 21:53, 10 outubro 2007 (UTC)


Argumento

Non estou seguro, pero este parágrafo:

Actualmente, non continúa todo o reparto orixinal: Balbina (Mabel Rivera) deixou a serie tralo éxito colleitado polo filme 
Mar adentro de Alejandro Amenábar, baseado na vida e morte Ramón Sampedro. Curiosamente, a historia de Ramón Sampedro xa fora
reflectida anteriormente noutra película, Condenado a vivir, protagonizada por Ernesto Chao no papel de Sampedro.

pode que sobre. --Adalbertofrenesi(fala) 02:05, 23 outubro 2007 (UTC)

Parágrafo mudado

Mudei ese parágrafo, que retoquei, para unha sección nova: Trivialidades.

PD: O nome da "Microbio" podería ser Martiña? --Uxío 14:08, 30 outubro 2007 (UTC)

felicidades ó autor

Quero felicitar ó autor da entrada na gl.wikipedia: ofrece un traballo moi completo e ben documentado. Confirmo que os episodios das primeiras tempadas eran de 30 minutos e logo pasaron a ser de 55 ou 60. Mesmo houbo varios episodios de 80 minutos. (Roberto)

  • Mensaxes coma esta dan alentos, e agradécese calquera información que aquí non haxa sobre a serie, é de agradecer. Por certo, es Roberto G. Méndez? Saúdos.--Uxío 21:19, 7 febreiro 2008 (UTC)


Non. Roberto G. Méndez son eu. O da felicitación debe de ser o propio Cermeño, polo estilo. Por que non asina co seu nome é un misterio tamén para min. Saúdos.

Programación TVG

Actualmente (29-3-2011) podemos ver a nosa serie preferida na canle :

Tvg - Martes 22:25

TVG América (Hispasat 30ºW) Martes 03:15 ~ 03:45 Domingo 22:15

Os días de emisión dos capítulos poderedes atopar información sobre os mesmos no teletexto, e tamén na páxina da Tvg na internet.

Moitas gracias por ista páxina tan fantástica.

Edición dubidosa

O pasado 1 de marzo, un usuario anónimo fixo unha edición de varios títulos que van do 107 ao 117, cambiou a orde de algúns, engadiu outros, suprimiu algúns... Tamñen suprimiu o episodio 1?? "Homes, mulleres e outras herbas" que é un episodio de recopilación, típico da serie para pechar a temporada. Segundo a edición dese usuario, a temporada completa tal e como el a puxo. Segundo as fontes que eu sigo (no caso desta tempada, a reposición que se está a facer da serie desde o episodio 105), esa edición é incorrecta, pero a edición non me ten pinta de ser vandálica, senón de proceder de outra fonte diferente á miña, e semella bastante coherente. A edición é aseguinte: [1], a única que se fixo da páxina o pasado 1 de marzo, vaia. Por certo, segundo os meus criterios, falta o episodio 120, pero creo que podo conseguir esa información). Non sei que facer. --Uxío 23:40, 3 marzo 2009 (UTC)

Estrea

Segundo a páxina da CRTVG, a serie estreouse o 1 de decembro de 1995, pero segundo a páxina dos 25 anos da CRTVG, a estrea foi o día 28 dese mesmo mes. [ Furagaitas * ] 23:36, 3 de agosto de 2010 (UTC)

Para unha organización diferente dos capítulos véxase isto. [ Furagaitas * ] 11:16, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Si, na páxina da CRTVG dedicada á serie di "Televisión de Galicia estreou a serie o primeiro de decembro de 1995", mais isto é un erro. O dato correcto, insisto, é o que indica que a serie se estreou o o 28 de decembro dese mesmo ano. A información errónea invita a supoñer que ao querer da estrea "primeiro" episodio da serie, falouse equivocadamente do "primeiro" día do mes da estrea. --Uxío 00:39, 3 de outubro de 2010 (UTC)