Diferenzas entre revisións de «Imre Lakatos»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m (r2.5.2) (bot Engadido: es:Imre Lakatos)
 
==Pensamento==
Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen [[historia]] fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reonstruccións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia signifca, por unha banda. conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrucción cargada de teoría dee de valor. Existe pois tamén no eido científico unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.
 
Como Popper, entende que só é científico o refutable, o falsable. Considera inxel o positivismo científico que cré que se poden verificar sobre a experiencia as construccións científicas co fin de outorgarlles a categoría de verdade. Pero non comparte a crítica radical de [[Paul Feyerabend]] para quen non existen ciencias no sentido dos racionalistas senón humanidades. Para Lakatos só se poden refutar sistemas teóricos completos e non hipóteses illadas. Aumenta, xa que logo, a escala da unidade de avaliación que non é o enunciado illado a confirmar no experimento senón o [[programa de investigación]].
 
Este é un conxunto de teorías sucesivas a contrastar con teorías rivais. O programa de investigación ten un núcleo duro e un cinto protector formado por hipóteses auxiliares. O núcleo duro vese afectado se non pode predecir fenómenos por conter anomalías empíricas, momento no que pode ser reemprazado por un programa rival que é quen de explicar máis ca o anterior e predecir feitos novos.
 
==Obras==
*''Proofs and refutations''
Usuario anónimo

Menú de navegación