Alerxia: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: lv:Alerģija; cambios estética |
m bot Engadido: scn:Allirgìa |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
[[ro:Alergie]] |
[[ro:Alergie]] |
||
[[ru:Аллергия]] |
[[ru:Аллергия]] |
||
[[scn:Allirgìa]] |
|||
[[sh:Alergija]] |
[[sh:Alergija]] |
||
[[simple:Allergy]] |
[[simple:Allergy]] |
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2010 ás 18:30
A alerxia (do grego αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico[1]. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.
Proceso
A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.
Tipos
As alerxias son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:
- Inmediatas: Baseadas sobre a reacción aos anticorpos.
- Citotóxicas.
- De complexos inmunes.
- Retardadas.
Notas
- ↑ Diciopedia do século21, volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.