Xurisdición: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uk:Юрисдикція
Liña 24: Liña 24:
[[ru:Юрисдикция]]
[[ru:Юрисдикция]]
[[sk:Právomoc]]
[[sk:Právomoc]]
[[uk:Юрисдикція]]
[[zh:司法管轄權]]
[[zh:司法管轄權]]

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2010 ás 08:11

A xurisdición (do latín iurisdictio, «dicir o dereito») é a potestade, derivada da soberanía do Estado, de aplicar o Dereito no caso concreto, resolvendo de modo definitivo e irrevogable unha controversia, que é exercida en forma exclusiva polos tribunais de xustiza integrados por xuíces independentes, inamovibles, responsables e sometidos unicamente ao imperio da lei.

En sentido coloquial, a palabra "xurisdición" é utilizada para designar o territorio (estado, provincia, municipio, rexión, país, etc.) sobre o cal esta potestade é exercida. Do mesmo modo, por extensión, é utilizada para designar a área xeográfica de exercicio das atribucións e facultades dunha autoridade ou as materias que se atopan dentro da súa competencia; e, en xeral, para designar o territorio sobre o cal un Estado exerce a súa soberanía.