Sistema renina-anxiotensina: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: eu:Errenina-angiotentsina-aldosterona sistema |
m bot Engadido: sr:Renin-angiotenzin sistem |
||
Liña 45: | Liña 45: | ||
[[ru:Ренин-ангиотензиновая система]] |
[[ru:Ренин-ангиотензиновая система]] |
||
[[sk:Systém renín-angiotenzín-aldosterón]] |
[[sk:Systém renín-angiotenzín-aldosterón]] |
||
[[sr:Renin-angiotenzin sistem]] |
|||
[[sv:Renin-angiotensinsystemet]] |
[[sv:Renin-angiotensinsystemet]] |
||
[[zh:肾素-血管紧张素系统]] |
[[zh:肾素-血管紧张素系统]] |
Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2010 ás 07:04
O sistema renina-anxiotensina é un sistema de control da presión arterial. O sistema componse de:
- Renina
- Anxiotensina I, II e III
- Anxiotensinóxeno
- Enzima conversora da anxiotensina (ECA)
O seu obxectivo é o de aumentar a presión arterial en caso de que esta estea baixa. A presión baixa é detectada pola mácula densa (unha estrutura do ril). A activación da mácula densa provoca que as células iustaglomerulares secreten renina. Esta enzima só ten un substrato, o anxiotensinóxeno. A renina rompe parcialmente ao anxiotensinóxeno producindo anxiotensina I. A anxiotensina I é un péptido pouco activo. É fragmentado pola enzima conversora da anxiotensina en varios tecidos, sobre todo pulmóns, pero tamén en neurohipófise, glándulas suprarrenais, bazo e endotelio entre outros. O produto será a anxiotensina II. A anxiotensina II pode ser convertida en anxiotensina III por acción dunha aminopeptidasa.
Funcións
Tanto a anxiotensina I como a II son péptidos activos. Únense ao seu receptor específico e activan o ciclo do fasfatidil-inositol, producindo inositoltrifosfato e diacilglicérido. O inositoltrifosfato permite a saída de calcio do retículo endoplásmico. A mobilización do calcio favorece a liberación de aldosterona dende o hipotálamo. A aldosterona activa unha serie de proteínas renais, IAPs, proteínas inducidas por aldosterona. Estas favorecen a reabsorción de sodio nos tubos proximais do ril. A reentrada de Na arrastra a agua, incrementando o volume circulante e a presión arterial. A propia anxiotensina ten efecto vasocontritor a nivel sistémico.
Regulación
Dous grupos de sinais regulan este complexo sistema:
- Activan o sistema:
- Hiponatremia (baixo nivel de sodio en sangue)
- Volume circulante baixo
- Prostaglandinas e outras substancias vasodilatadoras
- GTP, que estimula a renina
- Inhiben o sistema:
- AMP cíclico
- Péptido natdiurético atrial, asi como outros péptidos diuréticos
- Descarga β-adrenérxica, que inhibe a liberación de renina
- NO
- A propia anxiotensina II inhibe a renina por retroalimentación negativa
Textos de consulta
- Thomas Devlin: Bioquímica, cuarta edición