Fontainebleau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: da:Fontainebleau
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sk:Fontainebleau
Liña 46: Liña 46:
[[ro:Fontainebleau]]
[[ro:Fontainebleau]]
[[ru:Фонтенбло]]
[[ru:Фонтенбло]]
[[sk:Fontainebleau]]
[[sl:Fontainebleau]]
[[sl:Fontainebleau]]
[[sr:Фонтенбло]]
[[sr:Фонтенбло]]

Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2010 ás 03:23

O château de Fontainebleau

Fontainebleau é unha cidade francesa, situada no departamento de Sene e Marne, na rexión de Illa de Francia, famosa polo seu palacio, antiga residencia real francesa. Os seus habitantes son chamados, en francés, les Bellifontains.

Fontaine Belle Eau ou Fontaine Belleau, logo Fontainebleau, veu fixado oficialmente o seu nome en 1169. O que era unha simple aldea veuse dotada cun pavillón de caza e unha capela polo rei Luís VII de Francia. San Luís, que apreciaba moito Fontainebleau, que a chamaba os seus « ermos », fixo construír aquí un pavillón e máis un hospital. Filipe o Fermoso naceu neste lugar en 1268, no que tamén faleceu en 1314.

En total, 34 soberanos, desde Luís VI o Gordo ata Napoleón III, residiron en Fontainebleau ao longo de sete séculos.

Entre os séculos XVI e XVIII, todos os reis, de Francisco I a Luís XV, encargaron traballos importantes (derrubamento - reconstrución - engrandecemento - afermosamento), que lle deron o seu carácter "heteroxéneo", mais con todo harmonioso, á arquitectura do château (castelo-pazo).