Pseudópodo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro '''Actinophrys_sol.jpg''' que foi borrado en Commons por Maxim. Motivo: Missing essential information: source, license and/or permission |
m bot Modificado: simple:Pseudopod |
||
Liña 45: | Liña 45: | ||
[[pt:Pseudópode]] |
[[pt:Pseudópode]] |
||
[[ru:Псевдоподия]] |
[[ru:Псевдоподия]] |
||
[[simple: |
[[simple:Pseudopod]] |
||
[[sv:Pseudopodier]] |
[[sv:Pseudopodier]] |
||
[[th:เท้าเทียม (ชีววิทยา)]] |
[[th:เท้าเทียม (ชีววิทยา)]] |
Revisión como estaba o 6 de agosto de 2009 ás 12:54
Un pseudópodo (do grego pseudos falso e de podo pé) é unha prolongación do citoplasma dalgúns organismos unicelulares como as amebas, na cal unha serie de proteínas van fluír nun sentido mediante as fibras de miosina. Isto servirá ó organismo para se desprazar ou se alimentar.
Funcións
- Locomoción. Os pseudópodos constitúen un dos tres modos da locomoción dos organismos unicelulares (xunto con flaxelos e cilios).
- Alimentación. Os pseudópodos rodean o alimento ata encerralo nunha vacuola (fagocitose). A fagocitose preséntase en diversos grupos do protistas, pero tamén nalgunhas células (fagocitos) de organismos pluricelulares.
Clasificación segundo a súa morfoloxía
Os pseudópodos poden ser de varios tipos segundo o seu aspecto:
- Lobopodios: grosos, curtos e con extremos arredondados, típicos de Amoebozoa.
- Filopodios: máis finos e cos extremos rematados en punta, consistindo principalmente en ectoplasma. Estas formacións apóianse en microfilamentos.
- Reticulopodios: tamén coñecidos como pseudópodos reticulados, é onde os finos pseudópodos individuais se amorean entre si e forman unha rede irregular no exterior do protozoo. Preséntanse nos foraminíferos.
- Axopodios: són pseudópodos finos, longos e ríxidos. Conteñen complexos grupos de microtúbulos envolvidos por citoplasma. Obsérvanse en radiolarios e en heliozoos.
-
Filopodios nun nucleariida
-
Reticulopodios nun foraminífero
-
Sección dun axopodio amosando os microtúbulos