Linfocito T CD4+: Diferenzas entre revisións
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:) |
m bot Engadido: ca:Limfòcit T col·laborador |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
[[Categoría:Inmunoloxía]] |
[[Categoría:Inmunoloxía]] |
||
[[ca:Limfòcit T col·laborador]] |
|||
[[cs:Pomocný T-lymfocyt]] |
[[cs:Pomocný T-lymfocyt]] |
||
[[de:T-Helferzelle]] |
[[de:T-Helferzelle]] |
Revisión como estaba o 4 de xuño de 2009 ás 22:39
O linfocito CD4+ ou linfocito Th é un linfocito derivado dun linfocito T no timo. Neste órgano unha parte dos timocitos en maduración deixan de expresar o complexo CD8 e só expresan CD4. É por este motivo polo que a estas células se lles denomina CD4 positivas. Unha vez rematada a súa maduración tímica este tipo celular posúe:
- Receptor de células T, como o resto das células T. A maior parte é receptor tipo αβ.
- Complexo CD4
- Reacciona co complexo de histocompatibilidade tipo II, que presenta antíxenos esóxeno.
Funcións do linfocito T colaborador
Encárgase de coordinar a resposta inmune. Ten funcións na inmunidade celular e humoral. A célula T colaboradora será activada no ganglio linfático por contacto cun antíxeno esóxeno. Efetuado este contacto pode ocorrer:
- Linfocito T efector, capaz de diferenciarse a Th1 e Th2
- Linfocito T de memoria, que precisa dun segundo contacto
Os linfocitos Th efectores á súa vez diferéncianse en:
- Th1: Aparecen polo contacto con interleucina-2
- Th2: Aparecen polo contacto con interleucina-4
Funcións do linfocito Th1
Colabora coa inmunidade celular, activando linfocitos T ou forzando a outras presentadoras de antíxenos a activalos. Colabora tamén coa inmunidade innata ao liberar Tumor Necrosis Factor e Interferón gamma. Estas dúas substancias activan aos neutrófilos e particularmente o interferón gamma activa tamén aos macrófagos. O interferón ten a maiores efectos antivirais, bloqueando a entrada e/ou replicación dos virus nas células. Ten ademais actividade inhibitoria sobre os Th2.
Funcións do linfocito Th2
Traballa na inmunidade humoral, xa que activa aos linfocitos B. Con eles interaccionan:
- MHCII da célula B co TCR do linfocito Th2
- B27 da célula B co CD4 do linfocito Th2
- CD40 da célula B co CD40L do linfocito Th2
Ademais, atenúa a resposta inmune innata, ao diminuír a actividade de macrófagos, neutrófilos e células Th1.