Analfabetismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: nn:Analfabetisme
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Literacy rate world.PNG|right|270px|thumb|Porcentaxes de escolarización por país.]]
[[Ficheiro:Literacy rate world.PNG|right|270px|thumb|Porcentaxes de escolarización por país.]]
O '''analfabetismo''' é a incapacidade de [[lectura|ler]] e [[escritura|escribir]], que se debe xeralmente á falta de [[aprendizaxe]]. Nos países que teñen unha [[escolarización obrigatoria]], concretamente no [[Primeiro Mundo]], o analfabetismo é minoritario.
O '''analfabetismo''' é a incapacidade de [[lectura|ler]] e [[escritura|escribir]], que se debe xeralmente á falta de [[aprendizaxe]]. Nos países que teñen unha [[escolarización obrigatoria]], concretamente no [[Primeiro Mundo]], o analfabetismo é minoritario.



Revisión como estaba o 10 de marzo de 2009 ás 19:33

Porcentaxes de escolarización por país.

O analfabetismo é a incapacidade de ler e escribir, que se debe xeralmente á falta de aprendizaxe. Nos países que teñen unha escolarización obrigatoria, concretamente no Primeiro Mundo, o analfabetismo é minoritario.

Sen embargo, nalgúns países a comprensión lectora pode ser deficiente a pesar de que a súa taxa de analfabetismo sexa pequena (iletrismo), xa que ler non é só decodificar as letras senón entender mensaxes por escrito.

Nalgúns países as leis conteñen disposicións especiais para analfabetos. Así, por exemplo, o Código Civil español establece que aqueles analfabetos que desexen outorgar testamento cerrado, e pidan a outra persoa que o escriba, deben firmar en todas e cada unha das páxinas.

Hogano moitos países realizan intentos desesperados por erradicar o analfabetismo con sistemas que demostraron unha escasa efectividade.

Analfabetismo dixital é un proceso da cultura da Nova Economía que consiste en non posuír os rudimentos necesarios para moverse coas novas tecnoloxías, especialmente Internet, o que contribúe á fenda dixital.