Carlos Villanueva Abelairas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de xullo de 2014 ás 20:29 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Artista musical | nome = | logo = | imaxe = | lenda = | nome completo = Carlos Villanueva Abelairas. | alias...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Modelo:Artista musical Carlos Villanueva Abelairas, nado o 21 de decembro de 1949 en Melilla e residente dende os catro anos en Lugo, é un músico e musicólogo galego, un dos maiores expertos mundiais en música medieval.

Traxectoria

Formado no seminario de Lugo, en 1975 licenciouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na que é profesor dende o ano 1989 e catedrático dende o 2000.[1]

Foi crítico musical para El Correo Gallego e La Voz de Galicia e é asesor da Fundación Pedro Barrié de la Maza, baixo o patrocinio da que codirixiu o proxecto de construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria entre os anos 1990 e 1994.

Publicacións

  • Los villancicos gallegos de la catedral de Santiago (1980), Edicións do Castro.
  • Polifonía sacra galega (1982), con Joám Trillo.
  • La música en la catedral de Tui (1987), con Joám Trillo.
  • El Pórtico de la Gloria, música, arte y pensamiento (1988).
  • Los villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo (1989), tese de doutoramento con premio extraordinario.
  • Las Lamentaciones de Semana Santa de fray José de Vaquedano (1990).
  • Vilancicos galegos do Nadal (1991).
  • El archivo de música de la catedral de Mondoñedo (1993), con Joám Trillo.
  • Los villancicos gallegos (1994), Fund. “Pedro Barrié de la Maza”, ISBN 9788487819698.
  • El Códice Calixtino y la música de su tiempo (2001), Fund. “Pedro Barrié de la Maza”.

Discografía

  • A Música en Galicia nos séculos XII e XIII
  • La Música medieval en Galicia
  • Romeros y peregrinos
  • In Itinere
  • Alfonso X. In memoriam
  • Qui transitis per viam
  • Os sons do Pórtico
  • A música nas catedrais galegas, séculos XVI e XVII
  • La Música en el Camino de Santiago, premio nacional de discografía 1982
  • Trovadores y neotrovadores gallego-portugueses, premio nacional de discografía 1986

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas