Cátedra de ensino secundario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xullo de 2014 ás 18:09 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Traducindo e adaptando dende es:Catedrático de Enseñanza Secundaria, publicado baixo CC BY-SA)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Listaxe de profesores do instituto de Pontevedra, do curso 1928-29. Ao comezo figuran os nomes dos catedráticos.

No sistema educativo español, un catedrático de ensino secundario é un profesor que alcanzou o posto máis alto na escala do profesorado de ensinos non universitarios. Son funcionarios do grupo A1 e teñen un complemento de destino de nivel 26.

En España, o posto de catedrático de ensino secundario está regulado pola LOE, Lei Orgánica de Educación, aprobada no ano 2006. Para acceder a el, fai falta ser previamente profesor de ensino secundario (para o que é un requisito previo ser licenciado, diplomado, enxeñeiro ou arquitecto e aprobar unha oposición cun mínimo de oito anos de antigüidade, e pasar o correspondente proceso selectivo).

Entre outras, é función dos catedráticos o desempeño da xefatura dos departamentos didácticos dos institutos de ensino secundario.

Véxase tamén

Ligazóns externas