Abanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de xuño de 2014 ás 09:30 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Tradución manual do artigo es:Abanca da Wikipedia en lingua castelá, publicado con licenza CC BY-SA)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Logo de ABANCA.
Logo de ABANCA.

ABANCA é a marca comercial coa que opera o banco galego NCG Banco dende o 27 de xuño de 2014, substituíndo á anterior marca Novagalicia Banco.[1]

Historia

Sucursal de ABANCA en Santa Cristina de Cobres.

En abril de 2014, Banesco, vencedor da poxa de NCG Banco a través de Banco Etcheverría, anunciou que suprimiría a marca Novagalicia Banco cando se materializara a adquisición de NCG Banco e se substituiría por unha nova.[2]

O 26 de xuño de 2014, a nova marca ABANCA foi presentada en Santiago de Compostela.[3] O 27 de xuño de 2014, a marca comercial Novagalicia Banco foi substituída pola marca ABANCA.[1]

Está previsto que as oficinas de Banco Etcheverría pasen a operar tamén baixo a marca ABANCA. A marca Banco Etcheverría podería quedar para banca privada a partir do próximo ano.[4]

Características

ABANCA é «un nombre en gallego, para un banco con alma de caja que nace con el objetivo de merecer servir a los gallegos», en palabras de Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco. Co azul e o branco como cores predominantes, a nova marca do banco galego vai acompañada dun lema, Sentir Común, «que aglutina todos los valores del nuevo banco que nace con esta marca: la responsabilidad, la confianza, la calidad, la sencillez, la innovación».[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas