Saltar ao contido

Johan Christian Fabricius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohan Christian Fabricius

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1745 Editar o valor en Wikidata
Tønder (Ducado de Schleswig) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1808 (63 anos)
Kiel (Duchy of Holstein) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Copenhague Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, aracnólogo, carcinólogo, biólogo, profesor universitario, economista, zoólogo, lepidopterólogo, entomólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Copenhague
Universidade de Kiel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresCarl von Linné Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaJ.Fabr. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaFabricius Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Cecilie Fabricius (1771–) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1650401


Johan Christian Fabricius, nado en Tønder (en alemán Tondern), Xutlandia (actual Dinamarca) o 7 de xaneiro de 1745 e finado en Kiel, Alemaña o 3 de marzo de 1808, foi un naturalista, entomólogo e economista danés.

Foi un especialista dos Insecta que, no seu tempo, ademais dos insectos propiamente ditos o concepto incluía todos os artrópodos (arácnidos, crustáceos e outros).

Foi un do discípulos de Carl Linnaeus, e está considerado como un dos entomólogos máis importantes do século XVII. Deu o nome a unhas 10 000 especies de animais e estableceu as bases da moderna clasificación dos insectos e dos arácnidos.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Johan Christian Fabricius neceu en Tønder, Ducado de Schleswig, onde seu pai era médico. Fixo os seus primeiros estudos en Altona (Hamburgo), entrando posteriormente (1762) na Universidade de Copenhague. Nese mesmo ano viaxou xunto co seu amigo e parente Johan Zoëga á Universidade de Uppsala, onde estudou baixo a titoría de Linneo durante dous anos.[2]

Á súa volta comezou a traballar na súa magna obra Systema entomologiæ, que se publicaría en 1775.[2]

Foi profesor de historia natural, economía e finanzas na Universidade de Kiel en 1775, e visitante regular do Museo Británico de Londres, onde estudou moitas das coleccións alí gardadas.[3]

Principais obras

[editar | editar a fonte]

Entomología

[editar | editar a fonte]
  • Systema Entomologiae sistens insectorum classes, ordines, genera, species, adiectis synonymis, locis, descriptionibus, observationibus. Libraria Kortii, Flensburgi et Lipsiae. 832 pp. 1775
  • Genera Insectorum; Species insectorum sistens eorum differentias specificas, synonymia auctorum, loca natalia, metamorphosis etc... 1776
  • Philosophia Entomológica. 1778
  • Anfangsgründe der oekonomischen Wissenschaften, 1778
  • Species insectorum. 552 pp. 1781
  • Über die Volksvermehrung, insonderheit in Dänemark. 1781
  • Mantissa Insectorum. 1787
  • Entomologia Systematica emendata et aucta: Secundum classes, ordines, genera, species, adjectis synonimis, locis, observationibus, descriptionibus. 5 tomos. 519 pp. 1792-1794
  • Supplementum Entomologiae Systematicae. 572 pp. 1798
  • Systema Eleutheratorum. 1801
  • Rhyngotorum. 1803
  • Systema Piezatorum. Carolum Reichard, Brunsviga. 439 pp. 1804
  • Antliatorum. 1805

Economía

[editar | editar a fonte]
  • Von der Volks-Vermehrung insonderheit in Dännemark. Hamburg und Kiel, bey C. E. Bohn,

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura J.Fabr. emprégase para indicar a Johan Christian Fabricius como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Fabricius emprégase para indicar a Johan Christian Fabricius como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. S. L. Tuxen (1967): "The entomologist J. C. Fabricius". Annual Review of Entomology 12: 1–15.Resumo Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine..
  2. 2,0 2,1 "Johan Christian Fabricius" en: Dansk biografisk leksikon. 5. 1st Projekt Runeberg, 1891, p. 24–30.(en dinamarqués).
  3. Hans G. Hansson "Biographical Etymology of Marine Organism Names" Arquivado 25 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Göteborgs Universitet. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]