Saltar ao contido

Esclerose sistémica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esclerose sistémica
Clasificación e recursos externos
Dedos con úlceras, manifestación característica da esclerodermia.
MedlinePlus000429
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A esclerose sistémica é unha doenza reumatolóxica autoinmunitaria que se caracteriza por producir esclerose a nivel dos diferentes órganos. Fundamentalmente afecta á pel, de aí que habitualmente esta forma de afectación, denominada esclerodermia (esclerose da pel), se estableza como sinónimo de esclerose sistémica.[1][2]

Adoita afectar a mulleres de entra 20 e 40 anos. O prognóstico da doenza depende, en gran medida, da extensión e dos órganos afectados. As persoas cuxa doenza limítase á pel teñen, polo xeral, un prognóstico bo. Porén, os doentes con enfermidade cutánea difusa, ou afectación de órganos como os pulmóns, o ril ou o corazón, é substancialmente peor. A principal causa de morte nestes doentes son as infecciones, seguido das complicacións pulmonares e cardíacas. Na forma máis severa, a forma cutánea difusa, a supervivencia é do 70% aos 5 anos e do 55% aos 10 anos.

  1. Jimenez, SA; Cronin, PM; Koenig, AS; O'Brien, MS; Castro, SV (15 February 2012). Varga, J; Talavera, F; Goldberg, E; Mechaber, AJ; Diamond, HS, ed. "Scleroderma". Medscape Reference. WebMD. Consultado o 5 March 2014. 
  2. Hajj-ali, RA (June 2013). "Systemic Sclerosis". Merck Manual Professional. Merck Sharp & Dohme Corp. Consultado o 5 March 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]