Emilio Méndez Brandón
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 13 de maio de 1921 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Emilio Méndez-Brandón Bartolomé ![]() |
Irmáns | Eduardo Méndez Brandón ![]() |
Emilio Méndez Brandón, finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1921,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sobriño de Daniel Modesto Brandón e irmán de Eduardo Méndez Brandón. Avogado en Santiago de Compostela, foi concelleiro e síndico republicano na última década do século XIX. Fundou e dirixiu o xornal compostelán El Boletín del Pueblo ata o 25 de xuño de 1889, en que foi substituído polo tamén avogado Manuel García de Castro.[2] Era propietario dunha casa situada a carón de San Domingos de Bonaval.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Valentina Bartolomé González e foi pai de Emilio Méndez-Brandón Bartolomé.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Eco de Santiago, 13-5-1921, p. 3.
- ↑ "Dicen de Santiago". Diario de Avisos de La Coruña (en castelán) (A Coruña). 28-6-1889. p. 6.