Electrón-volt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Electrón volt»)

Un electrón-volt [1] ou electronvolt [2][3][4][5] (símbolo: eV) é unha unidade de enerxía, equivalente á enerxía cinética que adquire un electrón simple non ligado, ao percorrer un campo electrostático cunha diferenza de potencial dun volt.

É unha unidade aceptada polo SI (Sistema Internacional de unidades), mais que non pertence a el. Debido a que o electrón-volt é unha unidade moi pequena, úsanse con frecuencia múltiplos como o Megaelectrón-volt (MeV) ou o Xigaelectrón-volt (GeV).

1 eV = 1.602 176 53 (14) × 10−19 J.

Unidades derivadas cobren diferentes campos, dende a masa (pola equivalencia masa-enerxía), á temperatura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Sabín, R. (1991): Vocabulario da electricidade e a electrónica Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística
  2. Guitián Rivera, X. (coord.) (2002): Vocabulario de química galego-español-inglés. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela-Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
  3. "electronvolt". TERGAL. Consultado o 11/06/2019. 
  4. Vilalta López, Ramón; Juan José Guillín Fraga; Antonio Varela Caamaño. (2005): Dicionario de Física. A Coruña: Baía.
  5. González Rei, Begoña (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.

Ver tamén[editar | editar a fonte]