El Profesorado Gallego
Aparencia
El Profesorado Gallego | |
---|---|
Fundación | 1894 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Profesorado Gallego foi un periódico editado en Pontevedra entre 1894 e 1900.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico dedicado a la primera enseñanza, apareceu o 27 de xullo de 1894. O seu director e propietario era Ramón Tovar Méndez. Publicábase os días 7, 17 e 27 de cada mes. Tiña tres seccións: Oficial, que recollía as disposicións que ían saíndo; Doutrinal, con artigos sobre o ensino, e Noticias, notas soltas recentes sobre a ensinanza e o maxisterio. Inicialmente editábase da tipografía de José Eiras, pasando posteriormente á da viúva de Antúnez. Cesou a súa publicación en outubro de 1900.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Noticiero Gallego, 18-10-1900, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Profesorado Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 319. ISBN 84-7492-489-8.