El 11 de Febrero
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
El 11 de Febrero foi un semanario editado en Ferrol entre 1889 e 1890.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Periódico republicano, apareceu en outubro de 1889[1]. Con motivo da aparición do primeiro número, o seu director e redactores foron atacados por Mariano Wilman[2]. Francisco Suárez García presentou unha querela por inxurias contra os seus redactores[3]. Aínda se editaba en abril de 1890[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Eco de Galicia, 3-10-1889, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 9-10-1889, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 19-10-1889, p. 1
- ↑ El Regional, 17-4-1890, p. 2.