Dúngal mac Selbaig
Aparencia
(Redirección desde «Dungal de Dalriada»)
Biografía | |
---|---|
Morte | 726 (Gregoriano) |
Dalriada | |
733 – 736 ← Eochaid mac Echdach – Óengus I → | |
Dalriada | |
723 – 726 ← Selbach mac Ferchair – Eochaid mac Echdach → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pai | Selbach mac Ferchair |
Dúngal mac Selbaig foi rei de Dalriada. O seu reinado pode situarse entre os anos 723 e 726,[1] comezando coa abdicación do seu pai, Selbach mac Ferchair, que entrou nun mosteiro, e rematando co alzamento de Eochaid mac Echdach dos Cenél nGabráin. O poema medieval Duan Albanach chama a Dúngal o Impetuoso, e di que reinou durante sete anos.
Durante unha xeración antes do reinado de Dúngal, os Cenél Loairn enfrontáronse ós Cenél nGabráin polo control de Dalriada. Semella que o pai de Dúngal conseguira derrotar ó seu rival pouco antes de abdicar. Por calquera que sexa a razón, Dúngal perdeu axiña o poder fronte ós Cenél nGabráin. O seu pai abandonou o mosteiro e tentou recuperar o poder para o seu fillo, pero non foi quen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marjorie O. Anderson Kings and Kingship in Early Scotland, John Donald, 3ª edición, 2011, ISBN 9781906566302 p.228