Ducia
| Ducia | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Subclase de
| |||||||||||
|
Magnitude física
| |||||||||||
|
Valor numérico
| |||||||||||
|
Conversión a SI
| |||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||
|
Precedido por
| |||||||||||
|
Sucedido por
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||

Unha ducia é un conxunto de doce elementos. Hai varias explicacións para agrupamentos en doce, como o sistema de cómputo sumerio, a conveniencia de múltiplos e divisores e a observación da natureza. Son doce os ciclos lunares durante un ano solar. Ducia na lingua popular tamén pode ser usada como expresión para unha cantidade indeterminada.
Historia
[editar | editar a fonte]A ducia era unha das bases numéricas da civilización sumeria, que posuía as bases doce e sesenta. Os sumerios facían o cómputo dos seres utilizando os dedos das mans. Malia seren dez os dedos das mans, o polgar non era utilizado no cómputo, senón para o cómputo: Cada vez que un contador avistaba unha cousa, marcaba a súa cantidade co polgar avanzando por cada falanxe de cada dedo da man, alcanzando polo tanto doce cando completase o cómputo cunha man; sempre que a man dereita completase doce, o contador usaba o polgar da man esquerda para contar cantas veces a man dereita se completaba. Os cinco dedos da man esquerda mais as doce falanxes da man dereita significaban xa que logo sesenta seres contados.