Saltar ao contido

Distribucións Arnoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xuño de 2020 ás 08:23 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
A sede de Arnoia en Ponte Caldelas.

Arnoia Distribución de Libros S.A., coñecida tamén como Distribucións Arnoia é un grupo empresarial galego dedicado á distribución de libros, tanto a nivel de estado como internacional. Creouse en 1987 como empresa independente, cunha organización comercial e loxística centralizada na provincia de Pontevedra.

Conta con máis de 6.000 clientes, repartidos pola Península Ibérica, Europa e América. Unha superficie de almacenamento de máis de 12.000 m² en Pontevedra (Ponte Caldelas), CASH&CARRY en Valencia e Oviedo, e oficina comercial en Lisboa. O número de empregados rolda as 180 persoas, e o seu fondo de distribución supera as 3.300 editoriais, 500.000 referencias e 160.000 títulos en stock.

Véxase tamén

Ligazóns externas