Discanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clave de soprano.

Discanto ou discantus pode referirse a varios conceptos en música, dependendo do período histórico de que se trate; etimoloxicamente, a palabra significa unha voz (cantus) por riba ou á parte doutras.

Un discanto é unha técnica de polifonía medieval na que un cantante canta o canto chan mentres outro entoa unha voz suplementaria, ben improvisada ou composta previamente. A palabra neste sentido vén do termo discantus supra librum (discanto "máis aló do libro"), e é unha forma de canto gregoriano na que só a melodía está anotada, mentres que se asume que irá acompañada dunha polifonía improvisada. O discantus supra librum ten regras específicas que rexen a improvisación das voces adicionais. Na música medieval o termo discanto serve para diferenciar o contrapunto que emprega o movemento contrario para distinguilo do órganum paralelo ou diafonía, no cal o canto chan e o contrapunto móvense en paralelo.

Máis tarde o termo pasou a significar, o tiple ou cantante soprano en calquera grupo de voces, ou a liña máis aguda nunha canción e, co tempo, no Renacemento, referiuse xeralmente ao contrapunto.

O discanto pode referirse tamén ao máis agudo dun grupo de instrumentos, particularmente viola ou frauta doce discanto. De igual maneira, pode aplicarse á clave soprano.

O discanto tamén pode referirse a unha melodía aguda, florida, cantada por unhas poucas sopranos para ornamentar un himno. Considérase forma discanto á sucesión de intervencións de solistas e do coro, acabando na cláusula.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Clark Kimberling, "Hymn Tune Descants, Part 1: 1915-1934", The Hymn 54 (n.º 3) xulo de 2003, páx. 20-27. (Reeditada en Journal of the Ralph Vaughan Williams Society 29 (febreiro de 2004) 17-20.)
  • Clark Kimberling, "Hymn Tune Descants, Part 2: 1935-2001", The Hymn 55 (n.º 1) xaneiro de 2004, páx. 17-22.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]