Diadème

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diademe 1»)
Maquete de Diadème no museo de Bourget.

Diadème foi o nome de dous satélites xeodésicos franceses.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os dous Diadème foron lanzados mediante foguetes Diamant A desde o complexo de lanzamento de Hammaguira.

Diadème 1 foi lanzado o 8 de febreiro de 1967, pero o foguete lanzador deixouno nunha órbita máis baixa do previsto. Diadème 2 foi lanzado sete días despois, o 15 de febreiro, chegando á súa órbita prevista sen problemas.

Os dous satélites estaban adicados a facer estudos xeodésicos, contando para iso con trasmisores Doppler e con retrorreflectores para poder medir a súa distancia desde terra con precisión.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Diadem" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Diadème (D 1C, 1D)" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]