Decúbito
Aparencia
Decúbito é un termo médico que fai referencia á posición corporal no que o paciente fica deitado. Deriva da palabra latina decumbere (deitarse, xacer). Dentro da posición de decúbito, existen variacións en función da posición específica.
Tipos de posición
[editar | editar a fonte]As formas de decúbito inclúen[1]:
- Decúbito supino: o individuo atópase deitado coa boca cara enriba, isto é, o peso do corpo recae sobre a rexión dorsal. Tamén pode denominarse decúbito dorsal.
- Decúbito prono: o individuo atópase deitado coa boca cara a abaixo, isto é, o peso do corpo recae sobre a rexión ventral.
- Decúbito lateral: o individuo atópase deitado lateralmente, de xeito que o peso do corpo recae sobre os ombros e o cadrís. Dentro desta categoría distinguimos entre:
- Decúbito lateral dereito.
- Decúbito lateral esquerdo.
- Posición lateral de seguridade, empregado como medida de seguridade ante pacientes inconscientes ou con baixo nivel de consciencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guillén (2017). Tipos de posicionamientos quirúrgicos y sus intervenciones. Elsevier.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Decúbito |