Danubio Fútbol Club
Danubio | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Danubio Fúbtol Club | |||
Alcume(s) | La Franja, los de la curva | |||
Fundación | 1 de marzo de 1932 | |||
Estadio | Jardines del Hipódromo "María Mincheff de Lazaroff" Montevideo, Uruguai | |||
Inauguración | 25 de agosto de 1952 | |||
Capacidade | 18 000 | |||
Presidente | Arturo del Campo | |||
Adestrador | Leonardo Ramos | |||
Liga | Primeira División do Uruguai | |||
2020 | 14 | |||
Na rede | ||||
www.danubio.org.uy/ | ||||
| ||||
O Danubio Futbol Club, abreviado comunmente Danubio FC é un club uruguaio de fútbol fundado en 1932 e con sede en Montevideo, a capital.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo naceu en Maroñas, un dos barrios de Montevideo, que a comezos da década de 1930 era aínda unha zona rururbana. Foi fundado por varios estudantes da escola pública do barrio, o primeiro día do curso, o 1 de marzo de 1932, algúns deles fillos da inmigración búlgara que lle deron o nome do río europeo[1]. A bandeira, cunha franxa negra, que lles permite unha singular identificación, foi unha adaptación da empregada polo River Plate arxentino, e é usada dende 1936[2].
No transcurso do tempo Danubio consolidouse como un dos principais equipos da capital uruguaia, mantendo unha rivalidade co Defensor Sporting, co que mantén o chamado, "Clásico dos medianos". En marzo de 2021, logo de máis de 50 anos ininterrompidos na Primeira División do Uruguai, descendeu á segunda categoría[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia - Danubio Fútbol Club - Sitio Oficial". www.danubio.org.uy. Consultado o 2021-03-31.
- ↑ Sport (2021-03-24). "Histórico del fútbol uruguayo finalmente desciende a la segunda división". sport (en castelán). Consultado o 2021-03-31.
- ↑ Sport (2021-03-24). "Histórico del fútbol uruguayo finalmente desciende a la segunda división". sport (en castelán). Consultado o 2021-03-31.