Daher Ahmed Farah
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Ali Sabieh, Djibuti (pt) |
Educación | Escola Militar Especial de Saint-Cyr (pt) Universidad de Lille 1 (pt) University of Reims (en) Conservatoire national des arts et métiers (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, científico social |
Daher Ahmed Farah, nado en Dikhil en 1962, é un xornalista, escritor e político de Djibuti.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia nómade e non foi á escola ata os 11 anos. En 1983 entrou no exército de Djibuti e realizou estudos en Francia. Deixou o exército en 1991 e, de volta no seu país, foi redactor xefe de La Nation e foi un dos membros fundadores do Partido da Renovación Democrática, oposto ao goberno. En 1997 accedeu á presidencia do partido e as autoridades arrestárono en outubro dese ano. Na actualidade é o presidente do partido opositor Movemento pola Renovación Democrática e o Desenvolvemento (MRD).
En 1993 publicou a primeira novela en francés dun xibutí, Splendor éphémère. É autor tamén de poemas en somalí.