Dong Fang Hong 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «DFH-2A 2»)

Dong Fang Hong 2 e os seus sucesores, Dong Fang Hong 2A (tamén coñecidos como DFH-2 e DFH-2A), foron unha familia de satélites de comunicacións da República Popular da China.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Os DFH-2 foron concibidos como satélites de comunicacións fabricados e lanzados con medios propios pola China en 1984. Foron seguidos por unha versión mellorada, DFH-2A, entre 1986 e 1991. Todos foron lanzados mediante foguetes CZ-3. Foron tamén denominados STTW (Shiyan Tongbu Tongxing Weixing) e, os tres últimos DFH-2A operativos, ChinaSat-1 , ChinaSat-2 e ChinaSat-3 .[1][2][3]

A forma dos DFH-2 era cilíndrica, cun diámetro de 2,1 m e unha altura de 3,1 m. Estabilizábanse mediante xiro e a enerxía eléctrica que os alimentaba era producida mediante células solares. O primeiro lanzamento dun DFH-2 rematou nunha órbita incorrecta na que o satélite non puido dar servizo, aínda que comprobouse que tódolos sistemas de a bordo funcionaban sen problemas. O segundo DFH-2 foi posto en servizo tal como estaba previsto.[1][2][3]

Os DFH-2A diferenciábanse dos anteriores nunha masa algo maior (441 kg fronte a 433). Usaban dous transpondedores para as comunicacións en banda C, cunha potencia de 10 W. Lanzáronse cinco en total, co último non chegando a entrar en servizo polo fallo do foguete que debía poñelo en órbita.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2019). "DFH-2" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DFH-2 1, 2" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DFH-2A 1, 2, 3, 4, 5 (STTW, ChinaSat, ZX 1, 2, 3, 4)" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]