Dong Feng 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "DF-5")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación dun DF-5.

Dong Feng 5, tamén coñecido como DF-5, foi un mísil balístico intercontinental da República Popular da China comezado a ser desenvolvido nos anos 1960.

O obxectivo de desenvolver o DF-5 foi posuir un mísil capaz de chegar ata os Estados Unidos. Despregouse en cantidade moi limitada, pero foi a base da familia de foguetes espaciais Longa Marcha.

O mísil integraba o primeiro sistema de guía inercial desenvolvido por China. Os primeiros voos do foguete tiveron lugar a principios dos anos 1970, pero non entrou en servizo ata 1981.

Características[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2019). "Dong Feng 5" (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DF-5 family" (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DF-5 (CSS-4) ICBM" (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]