Saltar ao contido

Dúngal mac Selbaig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDúngal mac Selbaig
Biografía
Morte726 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Dalriada
733 – 736
← Eochaid mac EchdachÓengus I →
Dalriada
723 – 726
← Selbach mac FerchairEochaid mac Echdach → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSelbach mac Ferchair Editar o valor en Wikidata

Dúngal mac Selbaig foi rei de Dalriada. O seu reinado pode situarse entre os anos 723 e 726,[1] comezando coa abdicación do seu pai, Selbach mac Ferchair, que entrou nun mosteiro, e rematando co alzamento de Eochaid mac Echdach dos Cenél nGabráin. O poema medieval Duan Albanach chama a Dúngal o Impetuoso, e di que reinou durante sete anos.

Durante unha xeración antes do reinado de Dúngal, os Cenél Loairn enfrontáronse ós Cenél nGabráin polo control de Dalriada. Semella que o pai de Dúngal conseguira derrotar ó seu rival pouco antes de abdicar. Por calquera que sexa a razón, Dúngal perdeu axiña o poder fronte ós Cenél nGabráin. O seu pai abandonou o mosteiro e tentou recuperar o poder para o seu fillo, pero non foi quen.

  1. Marjorie O. Anderson Kings and Kingship in Early Scotland, John Donald, 3ª edición, 2011, ISBN 9781906566302 p.228