Día Internacional da Tolerancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Día Internacional da Tolerancia é unha celebración instituída pola Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1996 que se celebra o 16 de novembro de cada ano.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1995, por iniciativa da UNESCO (axencia da ONU), celebrouse o Ano das Nacións Unidas para a Tolerancia. Un ano despois, o 12 de decembro de 1996, a Asemblea Xeral da ONU convidou os Estados membros a instituír esta efeméride e a realizar actos a favor da tolerancia, conforme recolle a resolución 51/95 das Nacións Unidas [1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Resolución 51/95 na web da ONU, consultado o 8 de febreiro de 2012

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.