Saltar ao contido

Cuantificador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En lingüística, un cuantificador é aquela parte da oración que expresa unha magnitude, con maior ou menor precisión da realidade. Segundo a precisión, pódese distinguir entre cuantificadores indefinidos, definidos e absolutos. Poden ter función pronominal, cando suplen un sintagma nominal (collín algúns), ou función adxectiva, cando o acompañan (collín algúns libros).

Cuantificadores indefinidos

[editar | editar a fonte]

Non expresan a magnitude con exactitude. Sinalan obxectiva ou subxectivamente unha cantidade indefinida. Poden ser:

  • Apreciativos: Chega ben, xa temos bastantes cartos.
  • Correlativos: Non crin que tiveramos tantos cartos (manifestan unha valoración sobre a cantidade en relación a unha magnitude xa suposta)

Cuantificadores absolutos

[editar | editar a fonte]

Sinalan a cantidade total ou negan a existencia de calquera cantidade.

O vocábulo "cero" pode ser ás veces cuantificador absoluto: cero graos, cero euros.

Cuantificadores definidos

[editar | editar a fonte]

Precisan con exactitude as magnitudes cuantificando con precisión a realidade.

Cuantificadores definidos unitarios

[editar | editar a fonte]

Tamén se chaman numerais cardinais.

Os cuantificadores definidos unitarios dous, tres e catro poden tamén desenvolver a función de cuantificadores indefinidos: Só sei catro cousas da vida.

É salientable que o cómputo de base cen coas centenas está inda presente na fala: dez centos, once centos, trece centos,... dezanove centos

Cuantificadores definidos partitivos

[editar | editar a fonte]

Tamén se chaman numerais partitivos.

A partir de quíntuplo acostuma empregarse o unitario seguido da palabra veces.

Cuantificadores definidos multiplicativos

[editar | editar a fonte]

Tamén se chaman numerais múltiplos.

Desenvolven a mesma función os substantivos carteirón ('cada unha das catro partes en que algo está dividido) e quiñón ('determinada parte da ganancia ou herdanza).

Cuantificadores definidos colectivos

[editar | editar a fonte]

Tamén se chaman numerais colectivos.

Milleiros tamén é cuantificador definido colectivo.

Algúns substantivos son cuantificadores colectivos, mais non pronomes: bienio, trío, cuarteto, oitava, década, quincena, corentena (referido a días), lustro, século, milenio...

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]