Saltar ao contido

Cruceiro do adro de San Roque de Melide


Cruceiro de Melide
Vista do cruceiro
Presentación
LocalizaciónMelide
DirecciónAdro da capela de San Roque
TipoCruceiro
Construción
Data da construciónSéculo XIV

O Cruceiro do adro de San Roque de Melide está situado ao carón da capela de San Roque en Melide. A súa cruz é de estilo gótico, do século XIV e, segundo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, vén sendo o cruceiro máis antigo de Galicia.[1] Está formado por unha base de pedra sobre a que se sitúa unha columna octogonal recente. Un aro de ferro une a columna á cruz. Na parte frontal amósase unha escena de Cristo en Maxestade cos brazos abertos e en alto e as palmas das mans mirando á fronte. Na parte traseira atópase a escena da Crucifixión de Xesús.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]