Cronut
Aparencia
O cronut (neoloxismo que provén dos termos croissant e donut) é un bólo híbrido entre un croissant e un donut. Foi inventado polo chef francés Dominique Ansel en 2013[1] e patentado por el mesmo na súa panadería de Nova York.[2][3][4] Este pastel é o resultado de fritir a masa laminada do croissant nunha tixola con aceite, ao xeito que se fai cos donuts. Unha vez fritido, o cronut é cuberto con azucre glass, enchido co ingrediente correspondente, e finalmente glaseado.[5]
En decembro de 2013, a revista Time nomeou o cronut coma unha das 25 mellores creacións do 2013.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Katie Little (2013-06-07). "Cronut Mania Spawns Imitators and a Trademark Rush". Cnbc.com. Consultado o 2014-04-19.
- ↑ USPTO. "Cronut". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2021. Consultado o 30 January 2014.
- ↑ Introducing the Cronut, a Doughnut-Croissant Hybrid That May Very Well Change Your Life - Grub Street New York
- ↑ "Meet the Cronut: Croissant-Donut Hybrid Takes Pastry World by Storm - ABC News". Abcnews.go.com. 2013-05-20. Consultado o 2014-04-19.
- ↑ "Cronut™ 101 | Dominique Ansel Bakery". Dominiqueansel.com. 2013-05-10. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 2014-04-19.
- ↑ "The Cronut | The 25 Best Inventions of the Year 2013 | TIME.com". Techland.time.com. 2013-11-13. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 2014-04-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cronut |