Cribado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O cribado en medicina é unha estratexia aplicada sobre unha poboación para detectar unha doenza en individuos sen signos ou síntomas desa doenza.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

A intención do cribado é identificar doenzas de maneira temperá dentro dunha comunidade. Isto permite a rápida xestión e intervención coa esperanza de que se reduzan os efectos (dor, falecemento) provocados pola doenza.[1]

Criterios de Frame e Carlson[editar | editar a fonte]

Para que unha determinada medida preventiva sexa denominada como cribado debe cumprir cos criterios de Frame e Carlson:

  • que a doenza buscada sexa unha causa común de morbimortalidade (enfermidade prevalente);
  • que sexa detectable en etapa presintomática;
  • as probas diagnósticas deben ser efectivas e eficaces (sensibilidade e especificidad aceptables);
  • o tratamento cedo debe ser mellor que na etapa sintomática;
  • e o dano potencial da intervención debe ser menor que no tratamento non precoz.

Críticas[editar | editar a fonte]

Os cribados non diminúen a incerteza clínica, non son inocuos para a saúde da poboación, e levan un custo económico a considerar.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]