Crema de castañas
Aparencia
Crema de castañas | |
Crema de castañas artesá. | |
Outros nomes | Crème de marrons |
Tipo | Doce |
Orixe | Francia |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Castaña Azucre |
A crema de castañas (en francés: crème de marrons) é unha especialidade gastronómica inventada en 1885 polo industrial francés Clément Faugier que pretendía con isto aproveitar as castañas que crebaban durante a elaboración do marron glacé (castañas confeitadas). Trátase dunha pasta doce de consistencia semellante a unha marmelada elaborada con restos de marrons glacés, polpa de castañas cocidas ao vapor, almibre, azucre e vainilla.
En 1924, Clément Faugier rexistrou a marca Crème de marrons de l'Ardèche, que segue a ser a máis reputada en Francia.
Pódese comer ao natural, porén acostuma utilizarse para adozar outras sobremesas coma filloas (crêpes), iogures, chulas ou queixo fresco.