Coulrofobia
A coulrofobia é a fobia ou o medo irracional aos pallasos e aos mimos.[1][2] [3] Afecta especialmente aos nenos, aínda que pode aparecer en adolescentes e adultos. Nas discusións sobre as causas da coulrofobia, os pacientes coinciden en que o que máis lles aterroriza dos pallasos é a excesiva maquillaxe, que moitas veces vai acompañada dun nariz vermello e unha estraña cor do cabelo, que lles permite ocultar a súa verdadeira identidade.
Os afectados a miúdo adquiren este medo despois de ter algunha mala experiencia con algún pallaso ou despois de ver un retrato sinistro en medios audiovisuais. Considérase que a sinistra personaxe do Joker de DC Comics e, máis tarde, o terrorífico pallaso Pennywise da novela It de Stephen King (levada posteriormente á gran pantalla) contribuíron a popularizar a figura do pallaso malvado.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O prefixo "coulro-" provén do termo grego κωλοβαθριστής (kōlobathristēs), que significa "quen anda sobre zancos".[4] Isto débese a que nos tempos antigos os bufóns e os pallasos usaban zancos.
Investigacións
[editar | editar a fonte]Un estudo experimental realizado na Universidade de Sheffield revelou que os nenos teñen medo cando os cuartos dos hospitais están decorados con pallasos.[5]
Segundo un profesor de psicoloxía da Universidade Estatal de California, Northridge, os nenos "están moi impresionados ao ver un corpo común cun rostro descoñecido".[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miedo a los payasos y mimos
- ↑ "Coulrofobia: La fobia a los payasos y los mimos". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2022. Consultado o 04 de setembro de 2024.
- ↑ Coulrofobia o Pánico a los Payasos (y mimos) • Causas y Síntomas
- ↑ "Coulrofobia". World Wide Words (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2011.
- ↑ Finlo Rohrer (16 de xaneiro de 2008). "Why are clowns scary?". BBC News.
- ↑ Joseph Durwin. "Coulrophobia & The Trickster". Trinity. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2011. Consultado o 4 de outubro de 2010.