Saltar ao contido

Intel Core 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Core 2 Duo»)
Unidade central de procesamento.

Intel Core 2 é un microprocesador fabricado por Intel e a continuación dos Pentium D ou Core Duo. Comezouse a distribuír o 27 de xullo de 2006. O acceso a "memoria intelixente" optimiza o ancho de banda dos datos. A súa arquitectura baséase no Pentium M, xa que demostrou ser máis eficiente que a arquitectura dos Pentium 4. Os procesadores Intel Core 2 foron comparados cos procesadores máis potentes até o momente de AMD. O procesador Intel Core 2 é un procesador cunha pipeline de 4 etapas que permiten escalar máis en frecuencia que o Core 1 (o seu antecesor), que tiña 12 etapas coma o Athlon 64. Ademais ten un motor de execución amplo con tres ALUs, catro FPUs e tres unidades SSE de 128 bits. Estas dúas características fan que sexa o procesador x86 que máis instrucións por ciclo pode conseguir.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]